Marcial Castro Guerra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1934 Santiago de Compostela, España |
Morte | 19 de outubro de 2023 (88/89 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
7 de setembro de 1981 – 1983 ← José Antonio Souto Paz – Xerardo Estévez → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Marcial Castro Guerra, nado en Santiago de Compostela en 1934[1] e finado na mesma cidade o 19 de outubro de 2023, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Presentouse ás eleccións municipais de 1979 nas listas da UCD e foi elixido concelleiro. O 3 de setembro de 1981 José Antonio Souto Paz presentou a dimisión como alcalde e Marcial Castro foi elixido alcalde o 7 de setembro. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do Partido Demócrata Liberal e foi elixido concelleiro, apoiando 2 dos concelleiros do seu grupo a elección do socialista Xerardo Estévez. Posteriormente integrouse na Coalición Popular, e en abril de 1986 apoiou unha moción de censura contra Xerardo Estévez que presentaron os populares e que fixo alcalde ó candidato destes Ernesto Viéitez Cortizo. Durante o debate da moción Marcial Castro foi insultado polo público asistente e tivo que saír escoltado[2]. Foi Secretario Xeral Técnico da Consellería de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños de marzo de 1986 até outubro de 1987.
Predecesor: José Antonio Souto Paz |
Alcalde de Santiago 1981 - 1983 |
Sucesor: Xerardo Estévez Fernández |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "«Confluíamos en el amor a Santiago»", La Voz de Galicia, Santiago, 7-4-2019, p. 5.
- ↑ Elisardo Vázquez (25 de abril de 1986). "El Partido Socialista pierde la alcaldía de Santiago de Compostela". El País (en castelán).